CRTVG

Buscar

May abre a porta a adiar a desconexión do club comunitario

Publicado o 26/02/2019 21:43

O Reino Unido podería non saír da Unión Europea dentro de 33 días, que é o momento previsto para o divorcio. En vista de que non hai acordo para un brexit pactado, por primeira vez Theresa May abre a porta a adiar a desconexión do club comunitario.

A primeira ministra británica di que está en contra dun posible adiamento do divorcio, pero Theresa May está disposta a que sexa o Parlamento británico quen decida. Dentro de quince días, en Londres, na Cámara dos Comúns, votarán de novo o texto de saída; se o rexeitan outra vez, votarán entón saír do club comunitario ás bravas ou adiar ata finais de xuño o divorcio. Ese adiamento tería que ser aprobado por todos os socios europeos. En principio, parece que aceptarían.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019