May, a primeira ministra que non puido co 'brexit'
O 'brexit', unha dor de cabeza para os políticos británicos, puido á fin coa primeira ministra, Theresa May, quen este venres anunciou a súa dimisión, sen completar a súa misión: sacar ao Reino Unido da Unión Europea.
Esa obsesión de May por que o seu acordo do 'brexit' saíse adiante levouna a tirar a toalla despois dunhas demoledoras presións do seu partido, o Conservador.
Conseguir a aprobación do acordo do 'brexit' negociado con Bruxelas foi o obxectivo principal de May durante os últimos meses, a pesar de que a Cámara dos Comúns rexeitou tres veces o documento, a primeira delas con 432 votos en contra, a maior derrota parlamentaria dun Goberno na historia moderna.
Este fracaso levou ao Partido Laborista, principal formación da oposición, a presentar o pasado xaneiro unha moción de censura contra o Executivo de May, que con todo, conseguiu salvar por 19 votos.
Antes diso, a líder 'tory' sobreviviu en decemebro a unha moción de confianza convocada polo seu propio partido, na que recabou 200 votos a favor e 117 en contra.
Aínda que de cada unha destas vítorias saíu reforzada, as humillacións non só polos seus fracasos parlamentarios, senón tamén polas continúas críticas públicas dos deputados máis euroescépticos do seu partido foron erosionando pouco a pouco a imaxe desta política.
Nacida na localdiade de Eastbourne, sur de Inglaterra, o 1 de outubro de 1956, May é filla dun vicario anglicano, que desde nova amosou gran tesón nos estudos que o levou á Universidade de Oxford, onde se licenciou en Xeografía.
Foi en Oxford onde coñeceu a Philip May, con quen casou en 1980 tras ser presentados por Benzir Bhutto, a asaxinada ex-primeira ministra de Pakistán.
Apasionada do criquet, a moda e que presume de ter máis de cen libros de cociña, a política 'tory' lamentou en diversas ocasións a súa incapacide para ter fillos.
Comparada a veces pola súa firmeza á hora de traballar coa 'dama de ferro' -Margaret Thatcher-, May indicou a súa andadura política en 1986, despois de trabalalr seis anos no Banco de Inglaterra, e entrou na Cámara dos Comúns en 1997 como deputada.
Pronte se converteu nunha figura prominente do partido e desempeñou postos no chamado gabinete 'na sombra' de Educación, Transporte, Cultura e Deportes cando por entón estaba no poder o Partido Laborista de Tony Blair.
En 2010, durante o mandato de David Cameron, foi titular do departamento de Interior, cargo que ocupou simultaneamente co de ministra de Igualdade e Muller ata 2012 e que mantivo ata que sucedeu a Camaron como primeira Ministra en 2016.
"'Brexit' significa 'brexit'" foi a súa máxima ao acceder á súa nova posición tralo histórico referendo polo que o Reino Unido se condenou a romper co bloque comunitario.
Menos dun ano despois de ocupar o número 10 de Downing Street, May sorprendeu ao convocar eleccións anticipadas en xuño de 2017 a fin de garantir a certeza e seguridade de cara ás negociacións do 'brexit'.
Unha estratexia que se lle volveu en contra, ao perder a maioría absoluta que conseguira Cameron en 2015, con doce escanos menos que daquela, e que lle obrigaron a formar un Goberno en minoría co apoio dos dez deputados do pro-británico Partido Democrático Unionista (DUP) de Irlanda do Norte.
A 'premier' iniciou entón infatigables meses de negociacións co bloque comunitario, durante os cales foi perdendo ministros polo camiño como Boris Johnson, David Davis, Dominic Raab ou Esther McVey, ademais doutros cargos menores.
Aínda así, May conseguiu continuar ao mando dun barco que cada vez máis facía augas e selar un acordo con Bruxelas en novembro de 2018 que parecía o principio da fin do caos do 'brexit' e que, non obstante, termimou por converterse na sentza final da travesía desta política en Downing Street.