CRTVG

Buscar

May e Corbyn tentan consensuar un plan de saída que convenza na UE

Publicado o 04/04/2019 08:49

Non hai imaxes do encontro pero May e Corbyn xa comezaron a falar para consensuar un plan de saída que presentar en Europa. Volverán reunirse hoxe pola mañá. De momento, decidiron crear un programa de traballo para os dous equipos negociadores.

Os dous líderes cualificaron o encontro como "construtivo", aínda que Corbyn recoñece que May escoitou pero non se amosou moi partidaria da opción dun brexit brando que manteña a Unión Aduaneira, que é a opción que Corbyn quere poñer sobre a mesa en Bruxelas, e que tamén comparten os tories máis proclives a Europa. Tamén se puxo sobre a mesa a opción de poñer urnas para darlle a voz ao pobo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019