CRTVG

Buscar

Máximo de prezos e nova etiquetaxe nos combustibles esta ponte festiva

Publicado o 12/10/2018 15:21

Achégase unha ponte festiva, aumenta o tráfico de vehículos e, case de xeito automático, soben os prezos do combustible.

Tanto a gasolina como o diésel baten hoxe a marca do ano despois de subir por segunda semana consecutiva. O gasóleo sitúase de media no euro con 27 céntimos e a gasolina nun euro con 35 céntimos. Prezos que non se vían dende o 2014, cando o barril de crú estaba disparado.

O prezo do gasóleo é case un 15 por cento máis caro que o ano pasado por estas datas e a gasolina, un 12 por cento. Aínda que a presión fiscal é alta, xa que en Galicia inclúe o chamado céntimo sanitario e que o Goberno central prevé aumentar no caso do diésel, os combustibles en España son máis baratos que na media da Unión Europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018