CRTVG

Buscar

Galicia terá unha nova xornada de calor tras as máximas de 34 graos do martes

Publicado o 26/05/2020 20:27

Podería ser agosto pero estamos en maio. Mentres o Mediterráneo non chega aos 30 graos a costa galega rexistra valores de récord. 31 graos e medio houbo en Vigo ou Corrubedo, 33 en Sanxenxo e ata os 34 graos e medio chegaron en Pontevedra.

Calor que algúns inmortalizan así en Ourense Na Cidade das Burgas acadaron os 33 graos a sombra.

Iso os que poden, os que non buscan o alivio das sombras ou do aire acondicionado....

E iso que vento do nordés suavizou a sensación de bochorno. Pero os termómetros seguirán a subir mañá e pasado.

Mellor levalo con bo humor porque aínda nos queda calor para rato. Mañá hai aviso amarelo en todo o val do Miño, ao seu paso polas provincias de Ourense e de Pontevedra, por temperaturas que poden chegar aos 36 graos.

Noticias web

26/05/2020