CRTVG

Buscar

Máximas de 25 graos en Ourense

Publicado o 10/03/2020 19:30

Non son imaxes de arquivo. En Ourense con 22 graos e medio de máxima esta tarde aproveitaron para coller bronceado e refrescarse no Miño. Para uns de máis, para outros de menos, nunca chove a gusto de todos.

Quen si goza do sol e quen está facendo turismo. E outros desexan que estas altas temperaturas rematen co que preocupa estes días.

Máximas de ata 25 graos na provincia de Ourense hoxe en Verín que contrastan coas mínimas dun grao, menos un en Calvos de Randín.

Pois segundo as previsións seguirá, polo menos ata o venres, con máximas que superarán os 20 graos en Ourense.
 

Noticias web

10/03/2020