CRTVG

Buscar

Máxima preocupación ante o incerto futuro da economía das Pontes sen a central

Publicado o 29/09/2019 15:21

O comité de crise reuniuse para avaliar a nova que a empresa comunicaba o venres e para decidir as medidas que se van adoptar. Na xuntanza participaron representantes dos traballadores da central termica, das auxiliares, dos transportistas, dos comerciantes, do concello e outros axentes afectados polo posible peche da planta que Endesa ten nas Pontes.

Fixerono para preparar a xuntanza do luns. A ministra de Transición Ecolóxica recibirá en Madrid representantes dos traballadores e da empresa, unha xuntanza en que estará o alcalde das Pontes para esixir o compromiso firme do Goberno co futuro da planta. Tamén avaliaron posibles medidas para adoptar nos vindeiros días.

Noticias web

29/09/2019