Máxima alerta pola chegada de Fabien a Galicia, con vento, chuvia e mal tempo
Publicado o 21/12/2019 15:04
• A intensidade do temporal empeora o sábado pola tarde
Galicia está hoxe en alerta vemella. Vento, chuvia e moi mal tempo. Esta é a imaxe que deixa o tren de borrascas. As presas desaugando e boa parte de Galicia asolagada pola acumulación de chuvia e o rebordamento dos ríos. E iso a piques de que entre unha cicloxénese explosiva que obrigará a activar ese aviso vermello na costa e o laranxa en terra. A Xunta mantén o nivel de emerxencia por risco de inundacións .