CRTVG

Buscar

Maxi Gómez xa é o mellor cabeceador de Europa

Publicado o 13/02/2018 16:29

Coloquen unha pelota polo aire e por aí aparecerá o cazabombardeiro Maxi Gómez. Estamos ante unha das grandes sorpresas da liga. 21 anos. Dinamita cando hai que cabecear un centro. 

Con sete goles de cabeza lidera a clasificación na liga española, por diante de Stuani, os valencianistas Rodrigo e Santi Mina, ou William José. Pero non só sobresae na competición española. Comparémolo coas grandes ligas europeas. E aí Maxi Gómez volve apuntar alto. Un gol máis que o dianteiro do Chelsea, Morata. Dous máis que Harry Kane, Falcao ou Agüero. Sete cabezadas. 7 dun total de 13 tantos. Números que o colocan no escaparate dos grandes goleadores europeos, aínda que logo é maior a pegada de estrelas como Harry Kane, Falcao ou Kun Agüero.

O dianteiro que buscaba Unzué. Complemento de Aspas. Dous nomes que se asocian co gol, pero cando o balón vai por aí arriba pensen nun nome: Maxi Gómez.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018