CRTVG

Buscar

Maxi Gómez marca por partida dobre no triunfo do Valencia diante do Vilarreal

Publicado o 29/08/2020 14:48

Coa marcha de Rodrigo ao Leeds, Maxi Gómez convértese na grande esperanza goleadora do Valencia para a vindeira temporada. O uruguaio, en tan só nove minutos, marcou os dous tantos da remontada ante o Vilarreal, que formou con catro exvalencianistas no equipo inicial, Albiol, Coquelin, Parejo e Alcácer.

Mentres tanto, en Marbella, o EuroGranada do galego Diego Martínez sufriu unha dura derrota ante o Valladolid, que superou unha e outra vez a presión andaluza. Unhas veces con pelotazos longos, como no gol inicial de Sekou. E noutras en xogo combinativo coma no primeiro tanto de Toni Villa, onde o seu equipo sorprendeu os granadinos sacando a pelota con calidade, movéndoa con rapidez e resolvendo con contundencia. O xogador de orixe fisterrá revalidouse con dous goles. O segundo, logo dunha recuperación tras un saque de banda, os de Sergio lanzaron outra contra que superou os andaluces. Malia a goleada, Diego Martínez amosouse satisfeito.

Por último, esta mañá na Cidade Deportiva do Leganés, o Éibar perdeu por tres a un ante o conxunto madrileño, que resolveu o encontro nos primeiros corenta minutos con tres tantos de Omerúo, Rosales e José Arnáiz nunha acción individual. O exdeportivista Quique González maqueou o resultado cun penalti no engadido.

Noticias web

29/08/2020