CRTVG

Buscar

Maxi Gómez chega a Valencia para asinar o contrato

Publicado o 11/07/2019 18:01

O Valencia non agocha os futbolistas, actúa con normalidade, e os medios de comunicación captaron a chegada de Maxi Gómez ao aeroporto de Manises.

Expectación mediática na aparición do xogador uruguaio que interrompeu as súas vacacións tras disputar a Copa América coa selección do seu país.

Hoxe pasará a revisión médica e despois asinará o contrato. Maxi Gómez decantouse polo proxecto do Valencia e descartou as cantidades económicas que ofrecía o West Ham. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019