CRTVG

Buscar

Maxi Gómez acepta a oferta para saír traspasado a China

Publicado o 07/12/2017 11:13

A máis importante parece a marcha inminente de Maxi Gómez ao fútbol chinés. Segundo Faro de Vigo, o dianteiro será traspasado en xaneiro. O Beijing Guoan pagaría vinte millóns de euros máis outros cinco por dous partidos amigables. Maxi tería decidido aceptar a oferta hai xa dez días. O salario de catro millóns anuais que vai recibir, que multiplican por dez a ficha do Celta, foi o que o empurrou a aceptar a oferta, porque quería seguir en Vigo. Tamén as presións de todos os axentes implicados, incluído o Defensor uruguaio, que percibirá un 20% do traspaso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017