CRTVG

Buscar

Maxi apunta ao West Ham logo de que o equipo inglés pague a súa cláusula

Publicado o 08/07/2019 20:41


O West Ham paga a cláusula de rescisión completa de Maxi Gómez, cincuenta millóns de euros, porque senón o Celta non o deixaba saír. Segundo a Radio Galega, impuxéronse intereses da axencia do xogador. Ademais o equipo inglés triplícalle a Maxi o soldo que lle ofrecía o Valencia.

O caso é que Maxi Gómez xa non vai ir ao Valencia como pretendía o Celta, nunha operación que estaba case pechada e en que os vigueses recuperarían o canteirán Santi Mina. Esta mañá, na presentación de Jason Remeseiro, o presidente valencianista dicía que o seu club non está disposto a semellantes desembolsos: "Estamos nun mercado de fichaxes tolas, no que competimos con clubes dispostos a realizaren grandes desembolsos económicos pagando cantidades desorbitadas por futbolistas"

De momento Santi Mina acudía hoxe a Paterna e agora a súa volta a Vigo depende dun traspaso. O Celta quedou sen Maxi para facer a operación, pero dispón dos cartos da súa venda. De todos os xeitos, dos cincuenta millóns de euros dez millóns son para o club uruguaio de procedencia de Maxi Gómez, o Sporting Defensor.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019