CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'Maus', de Art Spiegelman, un fito na novela gráfica editado por Rinoceronte para Galicia

Publicado o 24/10/2017 17:01

De todos os libros que teño sobre a mesa, todos de recente tradución, quizais 'Maus' é o que mais me chama a atención.

A súa tradutora é Estela Villar.

A proposta de Rinoceronte editora, Anxa Correa.

Rinoceronte reactiva unha coleccion dedicada a novela gráfica cun libro que é toda unha referencia, Anxa Correa.

'Maus' foi a primeira novela gráfica que gañou Putlizer cunha historia sobre o holocausto xudeu, un cómic que marcou un antes e un depois.

Estela, para que non lera 'Maus', cóntanos un pouco que son os personaxes e que lles ocorre.

Unha das cousas que caracteriza este cómic é polo equilibrio entre a ilustracion é o texto. E un libro cargado de verda, de sentimentos, de emocion, e moi duro.

O autor estivo 13 anos traballando nel. Iso imaxino nos fala dun traballo cheo de matices, tamén á hora de traducilo.

De feito, hai unha nota da tradutora nada máis empezar a historia que ten que ver co xeito de falar de Vladek Spiegelman..

Rinoceronte publica esta historia nun único volume, malia que inicilamente foi publicada en dúas partes.

Na colección Vétera temos outro libro de dificil título, un libro de fábulas traducido neste caso por José Virgilio García Trabazo desde o sánscrito. Falamos do maior éxito da historia literaria india 'Os cinco discursos de sabedoría práctica'. Coñécense máis de 200 versións en máis de 50 linguas.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

24/10/2017