Mauro Pérez, novo director deportivo do Lugo
Publicado o 09/06/2021 20:26
O club deportivo Lugo fai a primeira fichaxe para planificar a vindeira tempada. Mauro Pérez incorpórase como director deportivo. O canario, de 48 anos, ten experiencia no posto en clubs de Primeira e Segunda, como o Raio Vallecano, o Xetafe e o Albacete, último equipo onde exerceu. Mauro Pérez asina por dúas tempadas. Será presentado mañá no Anxo Carro. Por diante ten que resolver a incógnita da continuidade de Rubén Albés e os reforzos para unha nova campaña en Segunda.