CRTVG

Buscar

Mauro Barreiro, copiloto do líder do Mundial júnior de rallys

Publicado o 18/06/2019 20:36

Hai un galego no máis alto do Mundial júnior de rallys. Trátase do arteixán Mauro Barreiro, copiloto do líder da competición, Jan Soláns. Acaban de gañar a terceira proba do campionato, en Italia, e son líderes provisionais.

"Empezamos en Suecia, nun terreo que non coñeciamos, nunca correramos en neve. Fixemos un podio, un terceiro posto, moito mellor do que contabamos. Despois fomos a Sardeña, en asfalto, aí xa temos máis experiencia e unha picada afastounos un pouco de posto de podio pero conseguimos facer un cuarto posto e agora vimos de gañar e estamos moi contentos", relata Barreiro.

Por diante dúas probas que serán decisivas, unha en Finlandia e outra en Gales.

"Non sabemos se para o ano que vén poderemos repetilo, por iso este ano imos dar o 200 por cento. A idea era facer un proxecto a dous anos porque o primeiro ano ante a novidade de todo nunca aspiras a gañar pero está saíndo mellor do que pensabamos", recoñece o copiloto.

Para Mauro Barreiro, disputar o título mundial é un soño: "É un pouco como cando xogas ao fútbol cos amigos. Soñas con xogar na primeira división pero nunca pensas que vas xogar. Estar no Mundial para min é primeira división".




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2019