CRTVG

Buscar

Bos días

Mauricio Macri continúa co cambio promulgado para A Arxentina cando leva menos de dous meses de mandato

Publicado o 22/01/2016 09:39

Mauricio Macri continúa co cambio promulgado para A Arxentina cando leva menos de dous meses de mandato.

Un tempo marcado polo xiro en materia política e económica despois de 12 anos de goberno kirchnerista en que o levantamento do cepo cambiario e a apertura cara ao exterior marcaron o ritmo da actualidade no país.

O novo Executivo arxentino despuntou por dar un xiro ás políticas económicas do país coa quita do cepo cambiario.

"Este Goberno o que fixo é saír decisivamente e non perder nin un minuto en saír desta economía sumamente intervida e poñer o norte novamente nunha economía de mercado".

As súas medidas son o contrapunto a doce anos de kirchnerismo que deixaron un Estado sobredimensionado e que Mauricio Macri tivo que axustar co cese de 3000 funcionarios afíns á ex-mandataria Cristina Fernández.

Pero a actualidade non deu tregua, e a fuga de tres presos dun penal de máxima seguridade puxo en xaque ó Goberno e destapou unha rede de corrupción policial.

O presidente tamén reiterou o seu compromiso cun dos casos máis polémicos do último ano, ó desclasificar a información sobre a morte do fiscal Alberto Nisman para favorecer a investigación.

"Non é unicamente retórica, senón que xa se está materializando en feitos concretos e importantes".

As primeiras medidas de Macri contarían co apoio de máis dun 70% da poboación, segundo as enquisas.

Agora, Macri, marca novamente a diferenza coa súa participación no Foro Económico Mundial de Davos, onde A Arxentina non tiña representación dende 2003.

Deste xeito, busca reactivar as relacións bilaterais fora da rexión e conseguir diñeiro e investimentos para impulsar o crecemento do país austral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

22/01/2016