CRTVG

Buscar

O actor Matt Damon visita a sede de Inditex pola súa colaboración cunha ONG

Publicado o 25/01/2019 19:53

O actor Matt Damon está de visita na Coruña. Non é habitual ver unha estrela de Hollywood pola nosa terra, por iso sorprende a súa presenza. Pero todo ten unha explicación. Matt Damon visitou a sede de Inditex en Arteixo. E é que o intérprete é o confundador da ONG Water.org, coa que o xigante téxtil colabora desde 2015. Inditex achegou case catro millóns de euros para os proxectos que a organización de Damon ten en Bangladesh e Camboia. Uns proxectos destinados a mellorar de forma directa as condicións sanitarias de máis de 160.000 persoas.

Noticias web

25/01/2019