CRTVG

Buscar

Matricularse na universidade galega este curso custará o mesmo que hai dez anos

Publicado o 01/07/2021 14:34
Matricularse na universidade galega este curso custará o mesmo que hai dez anos

O Goberno autonómico volve conxelar as taxas universitarias para o vindeiro curso 2021-2022. Segundo o presidente da Xunta, Galicia é a única comunidade que mantén os prezos de matrícula do ano 2011 en calquera dos campus.

"Volvemos situarnos entre as comunidades cos prezos máis baratos para cursar un grao ou un mestrado universitario", asegurou Alberto Núñez Feijóo tras a reunión do Consello da Xunta.

Segundo dixo, "o aforro anual para as familias galegas o vindeiro curso será de 19 millóns de euros". De acordo coas súas contas, dende que chegaron ao Goberno conseguiron apetuñar un total de "200 millóns de euros" por este concepto.

Para Feijóo, conxelar as taxas universitarias "é unha política tributaria axeitada para as rendas baixas e medias" que permite un acceso ao ensino superior equitativo e accesible. Na súa opinión, "deixamos de ingresar" eses cartos, pero Galicia volve ser a comunidade "máis barata para cursar un mestrado non habilitante" e unha das dúas coa matrícula de grao máis económica.

Noticias web

01/07/2021