CRTVG

Buscar

Matías Dituro demostra o seu ollo nos lanzamentos de penalti

Publicado o 23/08/2021 23:32

Foi unha das apostas de Eduardo Coudet e Matías Dituro tardou dous partidos en ser decisivo. A parada do penalti a Rubén García permitiulle ao Celta rabuñar un punto moi sufrido. 

Dituro é un especialista á hora de deter penaltis. De feito, ten un récord na liga boliviana (no Aurora) onde detivo 7 dos 8 penaltis que lle lanzaron no torneo de 2014. 

No global do partido a actuación de Dituro foi sobresaínte, moi seguro á hora de deter todas as acometidas do cadro osasunista.