CRTVG

Buscar

Matan unha muller a golpes e coiteladas esta madrugada en Madrid

Publicado o 16/08/2019 15:06

E en Madrid, esta madrugada, foi atopada morta unha muller a golpes e coiteladas. As investigacións apuntan a un novo caso de violencia machista, e a parella da víctima está en busca e captura.

A policía investiga como caso de violencia machista a morte da muller de 49 anos, ciruxana do hospital La Princesa. Foi atopada morta no seu domicilio, no distrito madrileño de Tetuán, con feridas de arma branca e golpes na cabeza. A parella da muller asasinada está en busca e captura. Segundo as primeiras investigacións o home comentoulle a un amigo que matara á súa parella, e este alertou á policia, quen acudiu ao domicilio e atopou o cadáver.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019