CRTVG

Buscar

Mata o seu pai en Murcia despois de anos de malos tratos no ámbito familiar

Publicado o 26/10/2021 13:22
Mata o seu pai en Murcia despois de anos de malos tratos no ámbito familiar

A Garda Civil de Campos del Río, Murcia, detivo un home de 29 anos acusado de matar cun coitelo o seu pai durante unha discusión familiar.

Tanto o agresor como a súa nai, muller do falecido, sufrían malos tratos continuados e recibiran asistencia dos Servizos Sociais en varias ocasións desde 1995, segundo confirmou a alcaldesa da localidade.

De feito, o fillo agora detido estivo nun centro de acollida ata que se fixo maior de idade. O parricidio ocorreu onte á noite na casa onde vivía a familia. O morto tiña 53 anos. O agresor, segundo a alcaldesa, nunca dera problemas nin motivos de queixa.

Noticias web

26/10/2021