CRTVG

Buscar

Mata o seu cuñado cunha barra de ferro en Cabana de Bergantiños

Publicado o 05/06/2019 21:12

• Segundo parece, o falecido intentou agredir a muller e o seu cuñado, e este, para defenderse, colleu unha barra de ferro e golpeouno

Un home matou o seu cuñado, de 83 anos, cunha barra de ferro en Cabana de Bergantiños. Deulle un golpe na cabeza e practicamente morreu no acto. Di que o fixo para defender a súa irmá e a si mesmo. Os tres vivían xuntos na mesma casa. A Garda Civil xa lle tomou declaración ao home e, de momento, está investigando o ocorrido. Tamén requisou unha escopeta cargada coa que o falecido pretendía, presuntamente, disparar contra os seus familiares. 

A Garda Civil está investigando e, de momento, todo son hipóteses. Sucedeu arredor das dez da mañá na parroquia de Corcoesto, en Cabanas. Os tres protagonistas estaban na casa familiar, José Calviño, de 83 anos, a súa muller, María Rodríguez, de 82, e o irmán desta, de 81 anos, que residía co matrimonio. 

Segundo parece, o falecido intentou agredir a muller e o seu cuñado, e este, para defenderse, colleu unha barra de ferro e deulle un golpe na cabeza que o matou no momento. Os servizos de emerxencias que chegaron ao lugar xa non puideron facer nada por el.

O cuñado da vítima e presunto agresor foi trasladado ao cuartel da Garda Civil para prestar declaración. Os axentes tamén recuperaron a escopeta propiedade da vítima.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/06/2019