CRTVG

Buscar

Mata a muller cun martelo en Córdoba e entrégase en Madrid tras cometer o crime

Publicado o 03/07/2019 09:01

 

 

As bandeiras a media hasta na localidade de Rute manifestan a dor dunha vila cordobesa de dez mil habitantes, que asimila arestora o asasinato dunha veciña e que amosa a súa soliedariedade e indignación cara a violencia machista concentrándose diante da casa do concello. 

Alcalde de Rute, Antonio Ruiz: "Nunca seremos unha sociedade digna mentras sigan producíndose asasinatos coma o que hoxe vivimos"

Axentes da Garda Civil atoparon no seu domicilio o cadáver de Piedad Cruz, de 42 anos, con evidentes signos de violencia. Deron co corpo trala confesión do seu marido, Juan Rosales, que fuxiu a Madrid tras cometer o crime. Levaba no coche os dous fillos da parella. Ao chegar á cidade entregouse, e declarou en comisaría que asasinara a súa muller.

A Fiscalía de Menores está a cargo dos cativos, que volverán a Andalucía o antes posible. O autor confeso do crime será trasladado de Madrid ao xulgado número tres de Lucena, especializado en violencia de xénero. O cadáver de Piedad Cruz está no Instituto Legal de Medicina de Córdoba, onde lle farán a autopsia para determinar os detalles da súa morte.