CRTVG

Buscar

Mata a puñaladas a súa ex-parella en Granada e entrégase a Garda Civil

Publicado o 09/02/2020 09:52

En Granada foi detido este sábado un mozo de 24 anos como presunto autor da morte da súa parella, de 39. A muller, que non presentara denuncias previas, faleceu por feridas de arma branca. O cadáver apareceu na vivenda da propia vítima.

En total, no que vai de ano morreron xa en España dez mulleres a mans das súas parellas ou ex-parellas. Lembren que está activo o teléfono 016 para denunciar calquera agresión machista. É de balde e non deixa pegada na factura telefónica, pero cómpre borrar a chamada do rexistro do terminal.
 

Noticias web

09/02/2020