CRTVG

Buscar

Mata a muller e autolesiónase coa mesma arma en Majadahonda

Publicado o 14/02/2021 13:33

Investigan como un caso de violencia machista o asasinato dunha muller esta noite na localidade madrileña de Majadahonda. A súa parella, un home de 62 anos, permanece detido no hospital a onde foi trasladado tras autolesionarse coa mesma arma de fogo coa que disparou á súa vítima, de 52 anos.

Todo aconteceu no domicilio familiar. A filla de ambos, de 22 anos, tivo que ser atendida por unha crise de ansiedade. Non constan denuncias previas. Sería a cuarta vítima en España no que vai de ano.

 

 

Noticias web

14/02/2021