CRTVG

Buscar

Mata a muller e a filla e intenta suicidarse en Biscaia

Publicado o 11/03/2020 20:35

Arredor das dúas da tarde, a Ertzantza recibía unha chamada en que alertaban da localización dos cadáveres de dúas mulleres nesta vivenda da localidade biscaíña de Abanto-Zierbana, con indicios evidentes de criminalidade. As dúas, nai e filla, de 54 e 24 anos, presentaban feridas de arma branca. Desde o primeiro momento, os investigadores traballaron coa hipótese de que se trataba dun crime machista e que o autor era o home e pai das vítimas.

O sospeitoso, duns 60 anos, na súa fuxida parou nun bar, onde confesou os crimes. Unha das persoas que estaban no local foi a que chamou a policía. A Ertzantza localizou o seu coche en Portugalete e pouco despois daba co sospeitoso, agochado nuns rochos.

Tras detelo, os axentes tiveron que chamar unha ambulancia e trasladalo o hospital porque estaba case inconsciente xa que segundo parece tomara bastantes pílulas. O Concello convocou unha reunión da Xunta de Voceiros para condenar o crime.

Coa muller do agora detido son xa 16 as vítimas da violencia machista este ano. A filla, tamén asasinada, non entra neste reconto porque non é menor de idade.

Noticias web

11/03/2020