CRTVG

Buscar

Mata a coiteladas a seu irmán nunha rúa de Burgos

Publicado o 20/01/2020 21:14

Os feitos producíronse a últimas horas do domingo diante desta tenda de alimentación de Burgos. Un home matou a coiteladas a seu irmán, de 42 anos, tras unha forte discusión entre ambos, segundo os primeiros datos.

Pedro de la Fuente, subdelegado do Goberno en Burgos: "Foi unha agresión dun irmán a outro, de nacionalidade búlgara. O irmán de 38 anos asestáballe, ao parecer, tres impactos cun estilete ao seu irmán, causándolle a morte".

Malia as manobras de reanimación realizadas no mesmo lugar, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. O presunto fratricida xa está detido e a policía atopou a arma do crime nun colector próximo. Tamén foi detido o dono da tenda de alimentación como presunto encubridor dos feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020