CRTVG

Buscar

Un home entrégase tras matar a súa parella en Barcelona

Publicado o 02/12/2019 20:15


A vítima tiña 36 anos. O seu home e asasino, 44. A parella tiña dous fillos, menores de idade. O cadáver da muller foi localizado sobre as dez da mañá, con lesións de arma branca, neste edifico do Prat de Llobregat. Os Mossos d´Esquadra comezaron a buscar o seu compañeiro sentimental como principal sospeitoso. Ás poucas horas el mesmo se entregou á policía.

 "Sempre os vin xuntos, a verdade, cando saen os cativos do colexio pois si a típica discusion polos nenos, veña o teu papa ou a túa mamá pero para nada imaxinar algo así e máis que nada condenalo e lamentalo, sobre todo o pésame á familia e condenalo unha vez máis porque isto non pode ser que se estea repetindo continuamente

No Tribunal de Xustiza de Cataluña aseguran que non constan antecedentes por violencia machista. Pola súa parte, o Concello do Prat si revelou que a muller asasinada estaba recibindo atención xurídica e psicolóxica no servizo municipal de atención ás mulleres. O detido segue en comisaría á espera de pasar á disposición xudicial. A xuíza xa lle notificou o sucedido á dirección de atención á infancia porque os dous fillos pequenos da parella poden quedar en situación de desamparo. Neste 2019 a piques de finalizar houbo 53 asasinatos machistas e hai outros tres casos que se están investigando. Desde 2003 , 1.029 mulleres foron asasinadas polas súas parellas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019