CRTVG

Buscar

Masiva asistencia ao cribado universal na Illa da Arousa

Publicado o 08/01/2021 13:55

Ata os topes o aparcadoiro do Vao esta mañá, a resposta da poboación foi das mellores de todas as localidades, segundo os responsables do cribado.

Doce profesionais de seis equipos coordinados por unha médica explicaban cómo recoller a mostra de cuspe en xaxún á primeira hora de mañá. Na Illa, cunha grande incidencia de covid, foron moitos os que quixeron facer a proba.

Entre os concienciados vimos un dos rostros máis queridos e populares da escena galega. A fin deste cribado é localizar portadores asintomáticos que estean contaxiando o virus.

Os tubos que se entregaron hoxe serán recollidos mañá cunha proba de cuspe e seguindo as instrucións que hoxe deron os sanitarios. A partir de mañá faráselles unha proba nasofarínxea aos maiores de 69 anos e recolleranse as mostras.

Noticias web

08/01/2021