CRTVG

Buscar

Máscaras especiais para gaiteiros por iniciativa dunha artesá de Lugo

Publicado o 07/10/2020 14:05

Antes da pandemia centraba a súa actividade na elaboración de vestidos, foles ou farrapos para gaitas. Pero a petición dalgúns músicos decididiu probar a fabricar máscaras con algún tipo de abertura, aptas, por exemplo, para os gaiteiros ou aqueles que toquen outros instrumentos de vento.

Despois de probar varios prototipos, esta artesá de Lugo deu cunhas máscaras que cumpren todas as garantías. Pensando tamén no inicio das clases de música iniciou hai un mes a comercialización destas máscaras, cunha boa acollida no sector.

Noticias web

07/10/2020