CRTVG

Buscar

Masacre en Cali: aparecen os cadáveres de 5 mozos con sinais de tortura

Publicado o 13/08/2020 08:39

Conmoción en Colombia polo asasinato de 5 mozos de entre 14 e 18 anos en Cali. As vítimas, que eran amigos, saíran o martes ao mediodía para voar un papaventos e pola noite foron localizados os corpos nun canaval con evidentes sinais de violencia e de seren torturados. Os informes forenses determinaron que os mataron con tiros de graza e a un degolárono.

As autoridades locais ofreceron unha recompensa a quen achegue información sobre o masacre.

Noticias web

13/08/2020