CRTVG

Buscar

Más País cre que serán decisivos para sumar maioría progresista

Publicado o 10/11/2019 14:28

Dende Más País aseguran que a democracia cóidase acudindo ás urnas e alentan a facelo, sobre todo a aqueles que máis necesitan das institucións, para equilibrar, din, a balanza no seu favor.


O candidato de Más País á presidencia do Goberno, Íñigo Errejón, advertiu que "en España particípase moito máis nos barrios, distritos e nos municipios máis acomodados que nos máis humildes e iso ten que cambiar, hai que equilibrar a balanza. Nós imos ser moi responsables co resultado e imos poñelo ao servizo de que dentro de tres meses non esteamos outra vez votando. E queremos ser decisivos e imos ser decisivos, para que esa maioría se converta nun goberno ao servizo dos españois que máis o necesitan".

Íñigo Errejón que votou ás dez e media da mañá, no Colexio Santa Teresa de Jesús, en Madrid, afirmou que serán responsables co resultado, no cal considera que serán decisivos para formar unha maioría progresista e demócrata, e evitar outras eleccións dentro de tres meses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019