CRTVG

Buscar

Más Madrid decide este mércores en que circunscricións se van presentar

Publicado o 24/09/2019 15:01

O reloxo electoral bota a andar. O próximo domingo remata o prazo para inscribir as coalicións de partidos, entre elas, a capitaneada por Íñigo Errejón, que volve á esfera política estatal. Faino da man dalgunhas formacións que no pasado eran aliadas de Podemos.

Mañá, mércores, Más Madrid celebrará unha asemblea para acordar que Íñigo Errejón sexa o seu candidato, a marca coa que van concorrer ás xerais e as circunscricións en que se presentan. Apostan polas grandes, onde se poñen en xogo máis deputados. En Valencia xa atoparon socios, Compromís, que comparte goberno autonómico con Podemos.

Hoxe Errejón volveu á Asemblea de Madrid, pero esquivou a prensa. Quen si falou foi a líder de Podemos na comunidade. Dende a dirección de Podemos descartan perder máis aliados territoriais.

Ao PSOE parece non importarlle a irrupción de Errejón, incluso cren que con el o pacto sería máis doado. Pedro Sánchez, que está en Nova York, fíxo cálculos cos xornalistas: cre que os votos que lle poida roubar Errejón pode recuperalos quitándollos a Podemos ou a Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019