CRTVG

Buscar

A plataforma política "Más Madrid" arrinca cun almorzo cidadán con Carmena e Errejón

Publicado o 16/02/2019 18:52

Arredor de dúas mil persoas asistiron esta mañá ao almorzo con Manuela Carmena e Íñigo Errejón no pistoletazo de saída de Más Madrid, a plataforma política desde a que convocaron a participar á cidadanía e coa que concorrerán ás eleccións municipais e á comunidade. 

Acompañados de concelleiros, deputados e simpatizantes, Carmena e Errejón falaron cos presentes e con quen os seguía polas redes de educación, emprego, vivenda, feminismo ou conciliación familiar.  Insistiron na necesidade de gobernaren xuntos, para que na próxima lexislatura o goberno da comunidade non sexa o comité de oposición que impida desenvolver as políticas municipais.

Pola súa parte, IU de Madrid acordou abrir un proxecto electoral en coalición que "transcenda fórmulas pretéritas" e que deixa as portas abertas a Equo e Podemos, pero que deixa fóra a Más Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2019