CRTVG

Buscar

Martiño Noriega pide máis protagonismo para Compostela Aberta nas negociacións

Publicado o 05/06/2019 15:57

En Santiago, o socialista Xosé Sánchez Bugallo aspira a gobernar en solitario, aínda que tampouco descarta pactos porque non acadou a maioría suficiente.

Esta mañá, o alcalde en funcións, Martiño Noriega, pedindo máis protagonismo para Compostela Aberta nas negociacións.

"Ninguén pode negar que unha forza que ten máis do vinte por cento de apoio na cidade é unha forza fundamental na esquerda para a gobernabilidade, agás que queiras gobernar coa dereita e o BNG. Sorpréndeme que haxa unha negación de espazos que son fundamentais para a gobernabilidade aquí, na Coruña ou en Ferrol, e que se fale de coalicións prioritarias con forzas que non son determinantes aritmeticamente".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/06/2019