CRTVG

Buscar

Martiño Noriega descarta un reforzo na seguridade do casco vello de Santiago

Publicado o 10/08/2018 14:52

Martiño Noriega chama á tranquilidade e descarta un reforzo na seguridade en Santiago de Compostela, despois da pintada feita sobre unha das figuras da catedral. Sostén que a capital galega é segura e que xa hai un dispositivo especial posto en marcha para estes meses de maior afluencia.

Pola súa banda, desde a Xunta si cren que a seguridade na zona da catedral se debería reforzar e lembran que é responsabilidade da Policía Local e do Concello de Santiago. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018