CRTVG

Buscar

Martínez culpa a Deputación de quedar Suplusa sen servizo de intervención

Publicado o 30/07/2018 14:48

A sociedade urbanística provincial de Lugo que se encarga da construcción das residencias da terceira idade dependentes da Deputación Provincial queda sen recursos para poder abonar as nóminas deste mes ou sacar adiante facturas e novos proxectos. O organismo quedou sen servizo de intervención.

O seu presidente e deputado non adscrito, Manuel Martínez, culpa da situación ao Goberno provincial, di que é unha manobra para desmantelar a sociedade.

Noticias web

30/07/2018