Martínez-Almeida mófase do encontro de Sánchez con Biden
Publicado o 15/06/2021 15:18
O alcalde de Madrid e tamén voceiro nacional do PP tirou de retranca cando lle preguntaron, esta mañá, pola súa opinión sobre o encontro entre Sánchez e Biden. José Luis Martínez-Almeida respondeu manténdose en silencio o mesmo tempo que durou o paseo dos dous mandatarios.
"Estes 29 segundos fixéronselles tan eternos como a Biden", dixo ao remate da súa irónica resposta.