CRTVG

Buscar

Martín Villa: "É imposible que houbese un xenocidio na Transición"

Publicado o 03/09/2020 22:42
Martín Villa: "É imposible que houbese un xenocidio na Transición"

O exministro Rodolfo Martín Villa defendeu a súa inocencia ante a xuíza arxentina Maria Servini polas mortes de 12 persoas entre 1976 e 1978 cando formaba parte do Goberno, ao manifestar que "é imposible que houbese un xenocidio na Transición", como lle atribúen os feitos da querela.

Martin Villa compareceu esta tarde ante a xuíza por vía telemática desde o Consulado da Arxentina en Madrid para responder ante as acusacións que pesan sobre el. É a declaración de máis alto rango que un exdirixente franquista realizou ante a Xustiza por crimes derivados da Transición. "Vin a defenderme porque me rebelo a vivir en presunción de culpabilidade no canto de presunción de inocencia, pero sobre todo a defender que é imposible que na Transición houbese un xenocidio", manifestou á xuíza, segundo afirman fontes da súa defensa, que subliñan que declarou voluntariamente "para facer fronte ás falsidades da querela arxentina".

Noticias web

03/09/2020