CRTVG

Buscar

Martin Schulz cede as presións do partido socialdemócrata e renuncia a dirixir Exteriores

Publicado o 09/02/2018 21:23

 

O acordo da Gran Coalición provocou un terremoto nos dous grandes partidos alemáns, sobre todo, no partido socialdemócrata. O seu líder, Martin Schulz, viuse obrigado hoxe a renunciar a ser o ministro do Exteriores. O seu compañeiro de partido, Sigmar Gabriel, acusouno de faltar á súa palabra de mantelo a el á fronte dese ministerio. Schulz, que abandonará a dirección do partido, renunciou tamén a ocupar calquera outro cargo no novo Goberno de Merkel, xa que foi unha das súas promesas de campaña. Mentres, no partido conservador criticaron a chanceler por cederlles aos socialdemócratas a poderosa carteira de Finanzas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018