CRTVG

Buscar

Martí xa viviu unha promoción de ascenso hai dúas temporadas co Tenerife

Publicado o 11/06/2019 17:43

O técnico do Deportivo xogou unha promoción de ascenso hai dúas temporadas co Tenerife. E chegou á final co Xetafe.

José Luis Martí terá a oportunidade de resarcirse co Deportivo. Mañá o Málaga en Riazor. Martí asistiu nas últimas semanas á mellora deportivista. Martí convocou a todo o plantel. E ten un obxectivo, que o Deportivo deixe a portería a cero.

José Luis Martí non precisa que lle lembren a importancia do que está en xogo mañá, nin cal é o primeiro obxectivo. O técnico admite o gran momento do Málaga, pero ve os seus con ferramentas abondo para disputarlle a eliminatoria. Para Martí non hai resultado definitivo. Dá por seguro que a eliminatoria non se vai decidir en Riazor.

O adestrador branco e azul convocou todo o equipo. E aínda que Dani Giménez e Eneko Bóveda non traballaron co resto hoxe, afirma que todos están en condicións. Mesmo o artilleiro Quique González, que sae dunha lesión muscular.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019