CRTVG

Buscar

Martí Márquez gaña a Volta a Galicia por dous segundos

Publicado o 24/09/2019 16:48

Final emocionante no Alto de San Roque, en Viveiro. Última etapa coa pelexa pola vitoria parcial e polo liderado. Na etapa gañou o portugués Patrick Videira e o granadino Alex Ropero tivo o maillot amarelo moi preto. Porén, no último quilómetro de ascensión reaccionou o barcelonés Martí Márquez, que gañou esta edición da volta á comunidade galega por dous segundos.

Tanto Ropero como Márquez finalizaron en Viveiro a súa etapa amateur. O ano que vén correrán en profesionais. Como o galego Martín Bouzas. Os dous ofreceron ao numeroso público congregado en San Roque un espectáculo grandioso.

Noticias web

24/09/2019