Marta Pazos recibirá o premio de honra Roberto Vidal Bolaño da MIT de Ribadavia
Publicado o 23/06/2020 15:32
Marta Pazos, a directora teatral, dramaturga e actriz, recibirá o premio de honra Roberto Vidal Bolaño da MIT de Ribadavia. O festival deu hoxe a coñecer o nome da homenaxeada co premio ao mérito nas artes escénicas.
Marta Pazos, vencellada á compañía Voadora, dirixiu nos últimos anos teatro e ópera tamén para entidades como o Teatro Real, o Teatro Español ou o Centro Dramático Galego. A mostra de Ribadavia celebrarase do 17 ao 27 de xullo en espazos ao aire libre.