CRTVG

Buscar

Marta González (PP): "Os votos do PP non nolos deron para apoiar o PSOE"

Publicado o 23/07/2019 12:44

Marta González, deputada do PP pola Coruña, explica no Bos días porque o PP non se vai abster na votación de investidura de Pedro Sánchez.

"Os votos do PP non nolos deron para aopoiar o PSOE. Sería curioso, como mínimo, que apoiásemos o candidato que foi o inventor do 'non é non' e 'que parte do non non entendeu vostede?'. Ocorreu en 2015, cando Mariano Rajoy, tendo os mesmo deputados que ten agora o PSOE, tentou negociar un goberno de gran coalición".

"O que vimos onte foi un espectáculo lamentable; é un capítulo máis desta telenovela".

"Sánchez está pensando xa nas novas eleccións e trata de botarlles as culpas aos demais do que pasa. A responsabilidade de negociar é súa".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019