CRTVG

Buscar

Marta Figueiredo, a percusionista que marca o ritmo no Ourense Envialia

Publicado o 06/06/2020 20:04

Esta é Marta Figueiredo, a capitá do Ourense Envialia de fútbol sala. Xenio e figura. Igual lle tires un balón ou lle achegues un par de baquetas. Percusionista profesional, e desde o martes a voltas co título de liga de fútbol sala. Porque o martes principian os adestramentos e nun mes agarda o playoff.

Con incógnita, tras a renuncia dun dos catro equipos participantes. O seu rival ía ser en semifinais o Burela, pero agora non saben contra quen van ter que loitar. 

Marta nin teme formato, nin albisca favorito. O dela é seguir ao seu, petando na vida, co pé, coa man, co que sexa, ata conseguir que o balón lle conceda a liga dos seus soños.

Noticias web

06/06/2020