CRTVG

Buscar

Marta Corredera: "Os medios deberan estar aí sempre. Necesitámolos"

Publicado o 25/06/2019 19:33

A selección española de fútbol xa está de volta. As de Vilda volven fortes de Francia. E houbo aplausos na súa chegada ao aeroporto madrileño. Máis dun cento de afeccionados agardaban polas xogadoras, que onte caeron eliminadas en Francia tras unha moi boa actuación ante a campioa do mundo.

A selección inicia nova etapa. Volve forte e chea de orgullo. E reclama atención diaria máis alá de citas mundialistas.

Marta Corredera: "Os medios deberan estar aí sempre. Necesitámolos"

"Que se nos respecte, porque facemos un traballo enorme cada día. Que non traballamos cada catro anos. Os medios deberían estar aí cada día. Necesitámolos. Que nada tape isto, que non veña agora unha nube negra. Os medios facédesnos visibles e iso é básico para que sigamos medrando".

Jorge Vilda, seleccionador español: "O futuro que nos espera vai ser moi bo". "Nós fomos co firme obxectivo de ser mellor selección. Volvemos sendo mellor selección. Temos máis experiencia en Mundiais. E iso o que nos di é que o futuro vai ser moi bo".



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019