CRTVG

Buscar

Marrocos aproba o acordo pesqueiro coa UE que lles permitirá aos pesqueiros españois volver ao caladoiro

Publicado o 25/06/2019 21:18
Marrocos aproba o acordo pesqueiro coa UE que lles permitirá aos pesqueiros españois volver ao caladoiro

Case un cento de barcos españois poderán volver traballar en augas de Marrocos despois dun ano de peche. A Cámara de Conselleiros marroquís acaba de ratificar un novo acordo pesqueiro coa Unión Europea.

O acordo pesqueiro terá catro anos de duración. Rabat recibirá algo máis de douscentos millóns de euros da Unión Europea, a cambio de que unhas cento trinta embarcacións comunitarias, a maioría españolas, poidan pescar e regresar ás augas marroquís.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019