CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Márquez logra a quinta "pole" da temporada en MotoGP

Publicado o 12/08/2017 21:48
En motociclismo estase a disputar o Gran Premio de Austria, no que Marc Márquez segue a exhibir o seu óptimo estado de forma.

Márquez logrou a quinta "pole" da temporada, logo de protagonizar un día pletórico, dominando tanto os adestramentos libres coma os oficiais. Superou as Ducati, que protagonizaron unha pechada loita ata o último instante. Case sobre o reloxo Dovizioso superou a Lorenzo. Viñales foi o cuarto e Valentino Rossi tivo que conformarse co sétimo posto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí