CRTVG

Buscar

Márquez logra a quinta 'pole' da temporada en MotoGP

Publicado o 12/08/2017 22:02

En motociclismo estase a disputar o Gran Premio de Austria, no que Marc Márquez segue a exhibir o seu óptimo estado de forma. Márquez logrou a quinta "pole" da temporada, logo de protagonizar un día pletórico, dominando tanto os adestramentos libres coma os oficiais. Superou as Ducati, que protagonizaron unha pechada loita ata o último instante. Case sobre o reloxo Dovizioso superou a Lorenzo. Viñales foi o cuarto e Valentino Rossi tivo que conformarse co sétimo posto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017